Friday 17 de May de 2024

Concerto de Uxía e Ruibal este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Uxía e Ruibal presentan De tu casa a la mía. As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores ademais de creacións orixinais para a ocasión, con Uxía e Ruibal en estado puro. Farano con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ao escribir os Seis poemas galegos. Editados en 1935, inclúen un canto de berce no que, ante a súa sepultura, o poeta incita a Rosalía a erguerse.

VENDA DE ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-gabriel-garcia-marquez/15228–concerto-uxia-e-ruibal-de-tu-casa-a-la-mia.html